Aviso legal

Información Legal

www.ogatoconbotas.gal

CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO SITIO WEB DO GATO CON BOTAS

ERASE DÚAS VECES O GATO CON BOTAS, S.L. (en adiante O GATO CON BOTAS), con domicilio en Avda. de Celanova, 39 baixo, con CIF B32470213 pon a disposición no seu sitio web www.ogatoconbotas.gal determinados contidos de carácter informativo sobre a súa actividade.

As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web do GATO CON BOTAS por parte das persoas USUARIAS que accedan ao mesmo. As presentes condicións xerais expóñenselle ás persoas USUARIAS no sitio web www.ogatoconbotas.gal en todas e cada unha das páxinas e cada vez que unha persoa USUARIA introduce os seus datos nos formularios existentes, para que as lea, as imprima, arquive e acepte a través de internet, non podendo a persoa USUARIA introducir os seus datos efectivamente sen que se teña producido esta aceptación.

O acceso ao sitio web do GATO CON BOTAS implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que a persoa USUARIA afirma comprender na súa totalidade. A persoa USUARIA comprométese a non utilizar o sitio web e os servizos que se ofrecen no mesmo para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.

PRIMEIRA.- PROTECCIÓN DE DATOS

Responsable: Identidade: ERASE DÚAS VECES O GATO CON BOTAS, S.L. – NIF: B32470213  Enderezo postal: Avenida de Celanova, 39 baixo 32890 A Valenzá  (Barbadás) Teléfono: 988060495  Correo electrónico: tenda@ogatoconbotas.gal

“En nome da empresa tratamos a información que nos facilita co fin de prestarlles o servizo solicitado, realizar a facturación do mesmo. Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigacións legais. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obrigación legal. Vostede ten dereito a obter confirmación sobre si en ERASE DÚAS VECES O GATO CON BOTAS, S.L. estamos tratando os seus datos persoais xa que logo ten dereito a acceder aos seus datos persoais, rectificar os datos inexactos ou solicitar a súa supresión cando os datos xa non sexan necesarios.

Así mesmo solicito a súa autorización para ofrecerlle produtos e servizos relacionados cos solicitados e fidelizalo/a como cliente.”

 

SEGUNDA.- CONDICIÓNS DE ACCESO E USO

1.1.-A utilización do sitio web do GATO CON BOTAS non conleva a obrigatoriedade de inscrición da persoa USUARIA, salvo se esta persoa USUARIA desexe utilizar a base de datos de artigos existentes en www.ogatoconbotas.gal onde será preciso que se rexistre cubrindo un formulario básico, esta subscrición rexerase por as condicións xerais específicas. As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente por a legalidade vixente e por o principio de boa fe comprometéndose a persoa USUARIA a realizar un bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual etc. Expresamente O GATO CON BOTAS prohibe os seguintes:

1.1.1.- Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través do mesmo por calquera medio calquera tipo de dano aos sistemas do GATO CON BOTAS ou a terceiros.

1.1.2.- Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos (“spaming”) ou envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede (“mail bombing”).

1.2.- O GATO CON BOTAS poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, a boa fe ou ás presentes condicións xerais -ver cláusula quinta-.

TERCEIRA.- CONTIDOS.- Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluidos por:

2.1.- O GATO CON BOTAS utilizando fontes internas e externas de tal xeito que O GATO CON BOTAS unicamente se fai responsábel por os contidos elaborados de forma interna.

2.2.- O GATO CON BOTAS resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web.

CUARTA.- DEREITOS DE AUTOR E MARCA.-
O GATO CON BOTAS informa que o sitio web www.ogatoconbotas.gal os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web se encontra plenamente protexido por os dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos salvo consentimento expreso do GATO CON BOTAS. O GATO CON BOTAS utiliza fontes externas para a elaboración dos seus contidos en determinadas ocasións e tamén establece ligazóns ou hiperenlaces a artigos ou informacións de terceiros citando sempre a fonte. O lexítimo titular dos dereitos de autor destas informacións así incluídas poderá solicitar en calquera momento a eliminación das referidas referencias.

QUINTA.- XURISDICIÓN E LEI APLICÁBEL.- As presentes condicións xerais réxense por a lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Ourense renunciando expresamente a persoa USUARIA a calquera outro foro que puidera corresponderlle.

SEXTA.- En caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. O GATO CON BOTAS poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos salvo recoñecemento expreso por parte do GATO CON BOTAS.